Comunicación e marketing para pequenas empresas e negocios rurais

A comunicación do teu proxecto, á túa medida

Ninguén coñece a túa marca mellor ca ti, por iso traballo moi preto de ti, para que a túa comunicación sexa natural e transmita a túa esencia.

Redes sociais

Xestiono as redes sociais da túa empresa.

Co teu estilo e seguindo a túa filosofía, xunto cos meus coñecementos conseguirás unha comunicación profesional e cercana co teu público obxectivo. 

l

Consultoría comunicación

Acompáñote en calquera fase da túa estratexia de comunicación na que necesites axuda. Desde a xestión do proxecto ata a dinamización de redes sociais. 

Deseño web

Deseño a túa web ou tenda en liña con WordPress.

A páxina web dunha empresa é a primeira impresión dun cliente potencial e un escaparate para aportar valor ao teu público e expoñer os teus produtos ou servizos. 

Formación

Imparto formación sobre marketing dixital para empresas, asociacións ou organizacións.

Ola! Son Verónica.

Dedícome á comunicación e ao marketing para pequenas empresas e negocios rurais.

Axúdoche a dar a coñecer a túa marca e comercializar os teus produtos e servizos.

Coñéceme mellor

Son licenciada en comunicación audiovisual e máster en comunicación e industrias creativas, ademais de haber realizado varios cursos sobre deseño web e marketing dixital. ⁣⁣

A miña formación, a experiencia de haber traballado en ámbitos variados da comunicación e a miña actitude emprendedora, leváronme xunto á miña paixón polo mundo rural a especializarme en comunicación e marketing para negocios rurais.

Vivo nunha aldea do interior de Galicia, onde ademais da miña casa, teño a miña oficina.  E aínda que a maior parte do meu traballo fágoo aquí, as visitas e longas conversas con vós son a base da miña labor como profesional da comunicación. Coñecer o teu negocio profundamente é o máis importante para poder comunicar a súa esencia e non perder a identidade.

Brétema comunicación é Verónica, una profesional con gran capacidade para transmitir coñecementos aplicados ao mundo dos proxectos no rural galego. Logra un clima suxerente e motivador nas formacións que imparte. No CFEA Guísamo contaremos con ela para novas accións formativas relacionadas co marketing.

Marlene Anaya

Detrás de Brétema Comunicación, está Verónica, e para min iso é o importante nunha empresa. Que a identifiques cunha persoa, que che ofrece cercanía, que se interesa polo teu negocio e que se preocupa de plasmar a esencia do que ti queres transmitir, respetando a túa forma de enfocar o contido nas redes pero coa experiencia dunha gran profesional. Recomendable 100 % 

Mari Camino

Gústame a profesionalidade e cercanía coa que traballa. Dous conceptos que non soen ocupar o mesmo espazo e para min é importantísimo que vaian xuntos. Moi recomendable!!! 

Pilar Naveira

Profesional 100%. Ofrece ideas, consellos, asesoramento adaptándose ó teu negocio e as túas necesidades. Recomendable totalmente. Se queres renovar a túa imaxe profesional, ou quen lle de forma práctica a esas ideas que rondan na cabeza para seguir medrando.

Quiteria Mejuto

Contacto

10 + 11 =